música
Buscador

Letra de Canción De Berce - Luar Na Lubre

Letra de canción de Canción De Berce de Luar Na Lubre lyrics

Celanova ten un vento
Celanova un vento ten
un vento peleriñante
un vento que vai e ven
un vento que mais que vento
e un teimoso roncón
fungando polos tellados
con grave e tristeiro son
iste vento vagabundo
vai coa lua ven co sol
vai cos mozos ven cos vellos
vai coa neve ven coa flor
vai coas nubes viaxeiras
por camiños de romaxes
vai co pandeiro da chuvia
https://www.coveralia.com/letras/cancion-de-berce-luar-na-lubre.php
repinicando paisaxes
de dia vai cos paxaros
e anda a brincar polas hortas
de noite vai cos morcegos
e anda a petar polas portas
meu neno non teñas medo
que este vento e meu amigo
i anque rosma pola rua
non te levara consigo
vento que vas a aventura
non ollas como che aceno
vaite de aquí paseniño
deixa durmir ao meu neno.

Letra subida por: Anónimo

Vota esta canción:
0/10 ( votos)

Discos en los que aparece esta letra:

La letra de canción de Canción De Berce de Luar Na Lubre es una transcripción de la canción original realizada por colaboradores/usuarios de Coveralia.
Luar Na Lubre Canción De Berce lyrics is a transcription from the original song made by Coveralia's contributors/users.

Acordes de Canción De Berce en Lacuerda.net

¿Has encontrado algún error en esta página? Envíanos tu corrección de la letra