Buscador
Cine Coveralia

Letra de Vaite - Fuxan Os Ventos

¡Boas tardes Maruxiña!
vouche dicir unha cousa:
se tí me queres a mín,
eu non me caso con outra.
Que te quero ben o sabes,
non precisas preguntar,
hai un ano que che dixen
que me quería casar
E vaite de aí,
xa podes marchar
que na miña vida
che volvo falar.
Tí tomaralo a risa,
pero eu dígocho de veras
que ando buscando rapaza
e non atopo quen me queira
Se non atopas quen te queira
será porque eres malo
e as rapazas terán medo
que non cumplas no traballo.
Dame un bico Maruxiña,
non me fagas rabear,
que se me fai de noitiña
e téñome que marchar.
Agora queres un bico
logo despois é un abrazo
e así pouquiño a pouco
queres entrar no palacio.

Letra subida por: Anónimo

Discos en los que aparece esta letra: Noutrora

La letra de canción de Vaite de Fuxan Os Ventos es una transcripción de la canción original realizada por colaboradores/usuarios de Coveralia. Vaite Fuxan Os Ventos lyrics.

Acordes de Vaite

¿Has encontrado algún error en esta página? Envíanos tu corrección de la letra

Zona de usuario

Noticias de Fuxan Os Ventos